A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. As organizacións agrarias reclaman do presidente da Xunta que lidere unha solución para o sector lácteo

As organizacións agrarias reclaman do presidente da Xunta que lidere unha solución para o sector lácteo

21 de Maio do 2012

Non hai imaxe

As organizacións Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego trasladáronlle por carta ao presidente da Xunta de Galicia, a necesidade de que lidere a procura de solucións diante do Goberno central, para sacar o sector lácteo galego do risco certo de estrangulamento financeiro, por mor dunha escalada dos custes de produción combinada cunha baixada dos prezos que os gandeiros galegos perciben por parte das industriais.

Na comunicación, a secretaria xeral do SLG e os secretarios xerais de UUAA e XXAA, lémbranlle a Alberto Núñez Feijóo a importancia de manter unha reunión para avanzar no acordos tomados na Mesa do Leite do pasado mes de abril, co obxectivo de corrixir unha tendencia que pode resultar letal para un sector que como o lácteo aporta a día de hoxe 56.000 empregos.

Neste sentido, é fundamental que o consenso de industria, produtores e administración de o froito dunha postura común diante da distribución que é a que impide que as explotacións galegas, a pesar de ter un mercado de proximidade deficitario de leite, vexan como as francesas perciben case que un 10% máis de prezo a pesar de estar nun marco claramente excedentario.

Para os sindicatos, os gandeiros e as gandeiras de Galicia precisan que a Xunta lles esixa aos Ministerios de Agricultura e de Economía que metan en cintura a distribución francesa e alemá para nos deixe de tratar como o sumidoiro para a súa produción láctea a costa de arruinar a zonas produtoras como Galicia.

Ficheiro adxunto