A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2010

  1. loiragal

    O Grupo de Alto Nivel de leite acordará hoxe as súas conclusións finais

    15 de Xuño do 2010 · 

    Hoxe, 15 de xuño, celébrase a última reunión do Grupo de Alto Nivel de Leite, creado o outubro pasado diante da crise que atravesaba o sector. Na reunión de hoxe acordarase un documento que conterá recomendacións para a Comisión en relación a posibles medidas a aplicar.

  2. Vilalba, Freire e Cabarcos

    O SLG anima a denunciar os casos de efectos secundarios da vacina da lingua azul e informa da creación dunha plataforma estatal de gandeiras/os afectadas/os

    10 de Xuño do 2010 · 

    Na mañá de hoxe Isabel Vilalba -gandeira da zona da Mariña- e Adolfo Cabarcos -gandeiro da zona da Terra Chá-, acompañados pola Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire, denunciaron a existencia reiterada de efectos secundarios negativos logo da aplicación da vacina da lingua azul (LA) no gando.

  3. lingua azul

    Rolda de Prensa: Efectos secundarios negativos da vacina da lingua azul nas nosas explotacións

    9 de Xuño do 2010 · 

    Ás 11:00hrs. de mañá, xoves 10 de xuño, terá lugar unha rolda de prensa na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela para darmos conta dos efectos secundarios negativos que a aplicación da vacina contra a lingua azul no gando está a ter nas nosas explotacións.

  4. LVC madrid

    Produtores e produtoras de leite en Europa e América Latina desaparecen ao tempo que as agroindustrias fan grandes ganancias

    18 de Maio do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, está presente na representación da Vía Campesiña Internacional desprazada ao cumio alternativo á reunión de xefes/as de goberno UE-América Latina en Madrid.

  5. slg

    Gandeiras e gandeiros de todo o Estado reclaman prezos xustos para o leite

    6 de Maio do 2010 · 

    Na mañá de hoxe máis de medio milleiro de gandeiras e gandeiros de todo o Estado español concentráronse diante do Carrefour da Glorieta de Cuatro Caminos en Madrid, en denuncia do “abuso de poder das industrias e da distribución comercial”.

  6. frisonas

    RdP: Presentación da concentración do sector lácteo este xoves 6 de maio en Madrid

    3 de Maio do 2010 · 

    Rolda de prensa conxunta no Hotel Porta do Camiño, Santiago de Compostela.

  7. Actos diante da distribución (A Coruña)

    Concentración diante da distribución en A CORUÑA

    30 de Abril do 2010 · 

    O SLG enmarcou a política de extorsión que practican as multinacionais da distribución na responsabilidade dos gobernos

  8. Asistentes á xuntanza

    Valoración xuntanza co Subdirector Xeral de Gandaría

    21 de Abril do 2010 · 

    Abordáronse os problemas derivados do saneamento gandeiro -sobor de todo en gando que se atopa en montes veciñais en man común-, a dificultade para dar de alta os animais que nacen nas explotacións -a día de hoxe os gandeiros/as do interior da zona de Pontevedra teñen que se desprazar entre 30 e 40km para realizalas-, o mal funcionamento do teléfono do Centro de Información ao Agro Galego (CIAG), así coma o protocolo de actuación diante das reiteradas mortes e abortos logo da vacinación da lingua azul e os ataques da fauna salvaxe aos animais das explotacións.

  9. frisona

    O Sindicato Labrego Galego lamenta que PP e PSOE se limiten a culparse da situación creada, no canto de correxila

    21 de Abril do 2010 · 

    O certo é que os dous teñen razón: o PP ten razón cando culpa ao MAMRM da elaboración da normativa que rixe as novas axudas ás explotacións de leite e que deixa fóra ás da Mariña; e o PSOE ten razón cando fala da deixadez da Consellería por non ter defendido axeitadamente o sector diante do Goberno central.

  10. Lídia Senra, Bruxelas.260310

    A Coordenadora Europea presenta as súas propostas de futuro para o sector leiteiro

    26 de Marzo do 2010 · 

    A Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego, Lídia Senra Rodríguez, presente arestora en Bruxelas coma representante da Coordenadora Europea Vía Campesina na conferencia consultiva convocada pola Comisión Europea “Cal é o futuro do leite?”, denuncia a falla de espazo para a expresión do sector produtor.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte