O pasado 5 de agosto, unha comitiva de afectados e afectadas polos impagos de Lácteos Tambre se desprazou até a sede da empresa, en Penateixa (Sigüeiro), para esixir o abono do que se lles debe. A débeda remóntase a decembro de 2010, e hai explotacións que acumulan até 60.000 euros de atrasos. Xunto á xente afectada estiveron a secretaria xeral do SLG, Carme Freire; o secretario de Ordenación Territorial e tamén produtor de leite, Xosé Manuel Calvo; e os responsábeis comarcais do Sindicato Labrego nas principais bisbarras coruñesas, Xosé Ramón Cendán e Lara Barros.
O Sindicato Labrego Galego quere aclarar o seu posicionamento no sector lácteo diante das declaracións públicas feitas pola Consellaría de Medio Rural tras o encontro mantido onte, 13 de xullo, para falar da aplicación das medidas do “paquete lácteo” que a nova Organización Común de Mercado (OCM) traerá a Galiza.
A responsable dos sectores gandeiros da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), e secretaria de Soberanía Alimentaria do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte, 6 de xullo, en Bruxelas, na xuntanza do grupo consultivo do leite da Comisión Europea. Neste encontro, no que se deron cita representantes de todos os axentes do sector leiteiro europeo e dos países membros da UE, analizouse a situación actual do sector e o impacto que está a ter nel o proceso de eliminación dos controis da produción que se está a facer de xeito progresivo (a denominada “aterraxe suave”) até suprimir o actual sistema de cotas lácteas no 2015.
O Sindicato Labrego Galego ten que volver denunciar, unha vez máis, o colapso do servizo de identificación do gando habilitado pola Consellaría de Medio Rural a través do teléfono 012.
Na última semana de abril, varios gandeiros e gandeiras de Muxía e Tordoia denunciaban os impagos que estaban a sufrir por parte de Lácteos Tambre, empresa de Sigüeiro que lles recollía o leite. Ante a falla de resposta, as explotacións devanditas, ás que se uniron outra de Muxía e outra de Arzúa, puxeron, o 5 de maio, unha denuncia contra a láctea nos xulgados de Ordes. Foron un total de sete gandeiros e gandeiras: Benito Pose, Pilar García e María Valdivieso, de Muxía; Feli Mato, Celina Juncal e Xosé Manuel Liste, de Tordoia; e Irene Vázquez, de Arzúa.
Gandeiros e gandeiras das comarcas de Fisterra e Ordes, xunto á secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, ofreceron hoxe, 27 de abril, unha rolda de prensa para denunciar os impagos da empresa Lácteos Tambre (Sigüeiro, Oroso) correspondentes ao leite vendido do primeiro trimestre de 2011. Estas débedas van dos 3.000 euros que se lles debe a moitas, até algún caso que acumula facturas sen pagar que pasan dos 30.000.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsábel do sector lácteo no SLG, a gandeira vilalbesa Lupe Prado, participaron hoxe, 15 de abril, no encontro entre as organizacións agrarias e o secretario xeral de Medio Rural, Eduardo Tamarit, que tivo como escenario a sede da delegación do Goberno na Coruña.
Sen control europeo da produción porcina nin reorientación das súas formas predominantes de produción, o sector porcino non sairá da súa crise estrutural e non responderá aos retos de emprego agrícola, de medio ambiente e de equilibrios territoriais.
O pasado luns saíu publicado o prometido Real Decreto do Sector Lácteo que se nos viña vendendo, dende hai meses, como solución a todos os problemas do sector; e que ía significar que todo o leite cru se había vender, a partir de entón, con contrato e con prezo “negociado”, aínda que non se sabía por quen.
O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu máis rotundo rexeitamento ao Real Decreto Lácteo que será aprobado polo Consello de Ministros e Ministras do 1 de abril de 2011, porque equivale a un torpedo na liña de flotación do sector leiteiro e condénao a ficar a mercé dos prezos de miseria que lle marquen as industrias e a distribución. Isto é así por tres razóns fundamentais: