A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2012

  1. Leite produto reclamo

    O SLG pide que se paralice a obrigatoriedade dos contratos mentres non se garantan prezos dignos para o leite

    27 de Septembro do 2012 · 

    Diante do anuncio feito polo ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, de aprobar o paquete lácteo no Consello de Ministros desta semana, o Sindicato Labrego Galego pide que non se fagan aínda obrigatorios os contratos por considerar que se trata dunha decisión precipitada e errónea que afondará aínda máis na crise de prezos que sufre o sector, especialmente na Galiza, onde o valor do leite en orixe é un dos máis baixos da Unión Europea ao manterse nunha media de 27-28 céntimos por litro.

  2. Isabel Vilalba

    As organizacións agrarias continurán con mobilizacións e accións para acadar un prezo digno para o leite galego

    21 de Septembro do 2012 · 

    A pesares dos compromisos da Xunta de Galicia, o sector leiteiro galego segue sumido na súa peor crise, aturando prezos medios en orixe entre 27 e 28 céntimos, e os custes de produción que non deixan de medrar -incluídos novos impostos cargados pola administración autonómica como o canon da auga- e que roldan os 40 céntimos por litro de leite.

  3. Prezo baixo

    As organizacións agrarias levan a campaña de mobilizacións do sector lácteo ás grandes superficies comerciais

    20 de Septembro do 2012 · 

    As tres organizacións agrarias galegas continuamos, na xornada do 20 de setembro, coa campaña de mobilizacións para sensibilizar á cidadanía coa peor crise na historia do sector lácteo galego. Se nas últimas semanas se fixeron manifestacións en Chantada, Vimianzo, Vilalba, Santa Comba e Lalín, para denunciar os prezos en orixe máis baixos da Unión Europea; desta vez a denuncia levouse até as grandes superficies comerciais para denunciar a venda de leite por baixo dos custes de produción.

  4. Tractores

    Miles de persoas apoiaron a manifestación en Lalín en demanda dun prezo xusto para o leite

    15 de Septembro do 2012 · 

    Tralas manifestacións de Chantada, Vimianzo, Ordes, Vilalba e Santa Comba, o 14 de setembro tocoulle á vila pontevedresa de Lalín. De novo, miles de persoas -entre os gandeiros e gandeiras que secundaron a protesta e a xente que a apoiou- encheron as rúas para esixir da nosa clase política que se mova, dunha vez por todas, para que as nosas explotacións cobren un prezo xusto polo leite. Con este acto reivindicativo péchase o calendario de mobilizacións a nivel local e queda a porta aberta a unha gran manifestación nacional neste outono. Aparte de afiliados e afiliadas, na manifestación estiveron a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e persoas da Executiva do SLG como Lidia Senra.

  5. Manifa

    Un milleiro de persoas e un cento de tractores tomaron as rúas de Santa Comba para esixir prezos xustos para o leite

    12 de Septembro do 2012 · 

    A manifestación convocada polas tres organizacións agrarias (SLG, UUAA e XXAA) para hoxe, 12 de setembro, en Santa Comba, foi todo un éxito, pois foi secundada por case mil persoas e un cento de tractores. Ademais, o comercio local pechou en solidariedade co sector lácteo.

  6. Xuízo Ordes

    Segue o xuízo polos impagos de Lácteos Tambre mentres a empresa di non ter bens nin ingresos para evitar o embargo

    10 de Septembro do 2012 · 

    O proceso xudicial contra Lácteos Tambre polos impagos que mantén a varias explotacións de diversas bisbarras galegas tivo continuidade hoxe, 10 de setembro, con tres novas vistas orais. Asesoradas polos servizos xurídicos do Sindicato Labrego Galego, foron seis explotacións -das moitas afectadas- as que se atreveron a denunciar a esta empresa afincada en Penateixa (Oroso) por facturas pendentes de pago correspondentes a finais de 2010 e comezos de 2011. As denuncias interpuxéronse formalmente ante os xulgados de Ordes, o 5 de maio de 2011, tras fracasar todas as vías de negociación e facilidades de pagamento acordadas cos gandeiros e gandeiras afectadas.

  7. Non hai imaxe

    As prácticas da distribución destrúen o sector lácteo galego

    29 de Agosto do 2012 · 

     Despois de recoñecer que as prácticas da distribución están a destruír o sector lácteo galego, o Ministro Miguel Arias Cañete debe pór en marcha medidas obrigatorias e non só pedir boa vontade. O SINDICATO LABREGO GALEGO CONSIDERA DECEPCIONANTE QUE A INDUSTRIA E A MAIORÍA DA DISTRIBUCIÓN SIGAN SEN CONCRETAR ACORDOS PARA A RECUPERACIÓN DE PREZOS DOS PRODUTORES E PRODUTORAS DE LEITE.

  8. Mercadona

    O SLG pide a Mercadona e ao resto da distribución que efectivicen con urxencia os acordos coa industria láctea para subir o prezo do leite en orixe

    21 de Agosto do 2012 · 

    Diante dos contactos mantidos estes días por algunhas empresas de leite como Iparlat, provedora de Mercadona, con produtores da Terra Cha, sobre a existencia dun compromiso da compañía distribuidora con esta empresa leiteira para subir no próximo pagamento do leite ás granxas 1,5 céntimos; o Sindicato Labrego Galego pídelle a Mercadona e ao resto da distribución, xunto coa industria que se comprometan con carácter urxente nun proceso de recuperación de prezo para o leite que se lles paga ás explotacións, e evite asía a ruína de miles de familias que en Galiza de xeito directo e indirecto viven do sector lácteo.

  9. Xuntanza Betanzos

    As tres organizacións agrarias galegas implican aos concellos das bisbarras da Terra Chá, Betanzos e Ferrolterra na busca de solucións políticas á crise do sector lácteo

    26 de Xullo do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, o secretario dos Sectores Gandeiros de Unións Agrarias, Xabier Iglesias, e o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores, Juan Orozco, mantiveron hoxe, 26 de xullo, unha xuntanza con alcaldes e concelleiras/os dos principais municipios leiteiros das comarcas de Betanzos e Ferrolterra. Entre eles e elas estiveron o alcalde de Irixoa, Antonio Deibe; a concelleira de Industria, Comercio, Feiras e Mercados de Betanzos, Mónica Carneiro; e a concelleira do goberno municipal de Abegondo, Noelia Carro. Mentres que a xuntanza de Betanzos foi pola tarde, unhas horas antes, durante a mañá da mesma xornadam, tivo un encontro semellante en Vilalba cos e coas munícipes da Terra Chá. Estes encontros enmárcanse dentro da campaña de sensibilización que as organizacións agrarias galegas están facendo nas principais comarcas leiteiras galegas de cara a buscar solucións á situación crítica que vive o noso sector lácteo.

  10. Isabel Vilalba

    Campaña nas principais comarcas leiteiras para sensibilizar á cidadanía sobre a crise do sector lácteo

    16 de Xullo do 2012 · 

    As tres organizacións agrarias galegas presentaron, o 16 de xullo, unha campaña conxunta para informar á cidadanía sobre a crise que está a sufrir o sector lácteo galego dende hai anos, con prezos de miseria que son dos máis baixos do Estado e da Unión Europea. Por parte do Sindicato Labrego Galego, participou a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba. De primeiras, acordouse un calendario para xuntarse cos gobernos locais das principais comarcas leiteiras de cara a que aproben mocións de apoio ao sector leiteiro nos plenos municipais. En concreto, haberá encontros desta caste en Ordes, Carballo, Lugo, Betanzos, Vilalba, A Mariña, Arzúa, Melide, Monforte, Chantada, Sarria, Lalín e Santa Comba. De seguido, facilitamos o texto que se lles ofrecerá ás corporacións locais para solicitarlles o seu apoio:

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. Seguinte