A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller

Secretaría da muller

  1. Maria Ferreiro e Sonia Vidal

    O XIII Encontro de Mulleres do SLG céntrase no papel fundamental das labregas como produtoras de alimentos

    14 de Marzo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou, o 13 de marzo en Ourense, o XIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres, que este ano se celebrará entre os concellos ourensáns de San Xoán de Río, Parada de Sil e Castro Caldelas o 17 e o 18 de marzo baixo o lema “As mulleres alimentamos o mundo: Soberanía Alimentaria e feminismo”.  Na presentación participaron a responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos; e a gandeira de Xunqueira de Ambía e integrante da Executiva da organización agraria, Sonia Vidal Lamas.

  2. Folga Feminista Vilalba

    Un grupo de mulleres da Terra Chá fai un chamamento para secundar a Folga Feminista do 8 de marzo no rural

    6 de Marzo do 2018 · 

    A folga feminista convocada para o vindeiro 8 de marzo chega con forza á Terra Chá. Un grupo de mulleres de distintos colectivos veñen de convocar unha concentración que se desenvolverá ao longo de todo o día, desde as 11:30 ata as 20:30 horas, na praza da Constitución de Vilalba, lugar onde se levarán a cabo distintas actividades para dar a coñecer as reivindicacións da folga. A Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a Asociación Feminista de Vilalba, as Mulleres Rurais de Insua, Santaballa ou Nete, entre outras, ademais de mulleres do mundo da cultura e da docencia, iniciaron este chamamento para, dun xeito plural, “facer forza contra todas as discriminacións de xénero que motivaron esta convocatoria a nivel internacional”.

  3. Galegas 8M

    8 de marzo: As labregas apoiamos a Folga Internacional Feminista para transformar a vida das mulleres

    5 de Marzo do 2018 · 

     

    No ano 2017, as mulleres galegas sumámonos e convocamos o Paro Internacional que xurdiu das mulleres polacas e latinoamericanas. Neste 2018, mulleres de mais de 57 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos. Por que?:

  4. Folga Feminista

    A Secretaría das Mulleres do SLG apoia a convocatoria de folga feminista de 24 horas para o 8 de marzo

    7 de Febreiro do 2018 · 

    O pasado martes, 6 de febreiro, as secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego (SLG), xunto o Sindicato Ferroviario Intersindical (SF), e co total apoio do Sindicato da Elevación (SE) de Galicia, rexistramos en conxunto o preaviso de folga laboral de 24 horas de duración convocada para o vindeiro 8 de marzo en Galiza. Estes preavisos foron entregados na Consellería de Traballo e na Confederación de Empresarios de Galicia.

  5. Februa

    O Sindicato Labrego organiza en Arzúa unha Xornada de saberes ao redor da sabedoría ancestral das labregas

    30 de Xaneiro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego organiza este 1 de febreiro, no local social de Pantiñobre (Arzúa), unha Xornada de saberes dirixida a mulleres. Nela, as participantes realizarán ao longo de todo o día un intercambio de coñecementos sobre os saberes ancestrais das mulleres labregas.

  6. xornada violencias

    A Secretaría das Mulleres do SLG culmina cunha xornada na Estrada a súa campaña en torno ao 25 de novembro

    28 de Novembro do 2017 · 

    A secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza mañá, mércores 29 de novembro, no local da Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós (A Estrada), unha xornada de análises e traballo en torno á violencia machista baixo o título “Labregas sementando igualdade”. Previamente, realizáronse obradoiros en localidades rurais como Ponteareas, O Rosal, Teixeiro, Lalín, ou nas parroquias compostelás de Marrozos e Sar.

  7. Xornada Ceres Outeiro de Rei

    Un cento de labregas abordan en Outeiro de Rei as problemáticas asociadas á titularidade compartida

    22 de Septembro do 2017 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a Asociación Labregas e a Confederación de Mulleres do Mundo Rural (Ceres) celebraron este venres, 22 de setembro, en Vida de Aldea (San Clodio de Aguiar, Outeiro de Rei, Lugo), unha xornada multidisciplinar financiada polo Ministerio de Agricultura na que se abordou a cuestión da titularidade compartida nas explotacións e á que asistiron case un cento de labregas.

  8. Ana Eiras

    A Secretaría das Mulleres do SLG leva a Madrid propostas para enfrontar o fracaso da Lei de Titularidade Compartida

    18 de Septembro do 2017 · 

    A Lei de Titularidade Compartida entrou en vigor, o 5 de xaneiro de 2012, para dar unha solución á flagrante desigualdade que padecen miles de labregas que non son titulares da explotación na que traballan. Cando nacera a lei, calculábase que só na Galiza había 35.000 mulleres nesta situación, 400.000 se falamos a nivel estatal. Porén, dende aquela, só se deron de alta na Galiza 17 mulleres, 290 en todo o Estado.

  9. Rebeca Raso

    A economista Rebeca Raso Prazeres presenta a súa tese doutoral sobre a Secretaría das Mulleres do SLG

    8 de Xuño do 2017 · 

    A nosa compañeira e activista Rebeca Raso Prazeres vén de presentar, baixo a dirección de María Xosé Agra Romero, a súa tese doutoral “Justiça Social, Feminismo e Movimentos Sociais: a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego”. Foi o pasado 31 de maio, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Con este acto, Rebeca Raso Prazeres poñía fin a catro anos de intenso traballo durante os cales tivemos a sorte de contar coa súa participación tamén neste proxecto colectivo e en permanente transformación que é o Sindicato Labrego Galego.

  10. Beatriz Figueroa

    Labregas analizan en Mondoñedo alternativas para dignificar a profesión en caso de enfermidade e tras xubilarse

    12 de Marzo do 2017 · 

    O seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, acolleu ao longo de toda a mañá do sábado o arranque do XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que se está a celebrar durante toda esta fin de semana baixo o lema “Labregas por un trato digno na enfermidade e na vellez”. Foi un comezo intenso, cunha palestra na que un cento de labregas dialogaron sobre cuestións básicas para a súa vida profesional como as problemáticas á hora de abordar as baixas e incapacidades laborais, a loita das traballadoras que padecen enfermidades graves coma o cancro ou o incerto futuro do sistema de pensións.

Arquivo