A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Os movementos antiminaría na Península Ibérica denuncian unha trama de espionaxe ás súas plataformas

Os movementos antiminaría na Península Ibérica denuncian unha trama de espionaxe ás súas plataformas

14 de Septembro do 2020

Espionaxe

Catorce plataformas integradas na Rede Ibérica contra as Minas, xunto con outras 25 entidades que participan nelas -entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego-, manifestamos a través de dúas cartas abertas a nosa indignación e preocupación pola información sobre diversos proxectos europeos financiados con fondos do programa Horizonte 2020. Estes proxectos non só supuxeron apoio a iniciativas destrutivas e contaminantes, senón que tamén implicaron investigacións de plataformas cidadás e organizacións ecoloxistas contrarias a tales iniciativas.

As plataformas diriximos as dúas cartas aos responsables dos proxectos europeos MIREU (Mining and Metallurgy Regions of EU), NEXT (New Exploration Technologies) e iTARG3T (Innovative targeting & processing of W-Sn-Ta-Li ores), así como á Comisión Europea, que os financiou con máis de 10 millóns de euros. Os tres proxectos incluían compoñentes do que o sector mineiro chama a "Licenza social para operar", que se refire ás tácticas empregadas polas empresas para minimizar ou destruír a oposición social a proxectos destrutivos e contaminantes.

Isto implicou a investigación, recompilación e/ou análise de información sobre grupos que se opoñen a diferentes proxectos mineiros, en todos os casos totalmente ás costas das comunidades e plataformas afectadas, e coa colaboración ou participación de axencias e institucións públicas. No proxecto MIREU, nesta investigación participaron precisamente as administracións públicas de Andalucía, Aragón e Castela e León, que deben decidir sobre os proxectos mineiros responsables dos conflitos, mentres que nos outros dous proxectos participan a Axencia estatal CSIC e a empresa Valoriza Minería do grupo SACYR.

Entre a documentación sacada á luz, incluso se apreciou unha linguaxe e un ton despectivos empregados en varias referencias ás plataformas e entidades de información, evidenciando en todo momento unha postura pro-minería.

Quen subscribimos estas cartas lamentamos que as administracións públicas, que deben manter a imparcialidade nos seus procesos de análise, revisión e concesión de proxectos mineiros de empresas privadas, estean demostrando que esta imparcialidade está seriamente cuestionada e incluso apoian tacitamente a estas últimas empregando fondos públicos para estes proxectos de dubidosa legalidade.

As cartas abertas solicitan que as plataformas asinantes teñan acceso a toda a información que se compilou sobre elas, xa que o proxecto MIREU afecta a polo menos 25 casos de estudo de toda a Península. Ademais, pídese á Comisión Europea que audite estes proxectos e cese o financiamento a este tipo de iniciativas.

Desde as plataformas consideramos que, dado que estes estudos se levaron a cabo sen o coñecemento nin o consentimento dos movementos e comunidades afectados, estes terxiversan a natureza tanto dos nosos movementos cidadáns como dos propios conflitos.

Estes conflitos xeráronse precisamente debido á incapacidade das autoridades locais, nacionais e europeas para recoller e reaccionar segundo os sentimentos das poboacións afectadas por novos proxectos mineiros. Na orixe dos conflitos está tamén a extensa evidencia de impactos negativos e a necesidade de cumprir a lexislación ambiental europea.

Asinamos as cartas:

  • Plataformas de la Red Ibérica contra las Minas
  • Alconchel y Comarca de Olivenza sin minas (Extremadura)
  • Associação Guardiões da Serra da Estrela (Beiras)
  • ContraMINAcción Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza (Galicia)
  • Coordinadora No a la Mina de Uranio (Salamanca)
  • No a la mina en la Sierra de Yemas (Ávila)
  • No en mi Tierra (Zamora)
  • Oro No (Asturias)
  • Plataforma No a la mina en el Valle de Corneja (Ávila)
  • Plataforma Salvemos las Villuercas (Cáceres)
  • Plataforma Sierra de Gata Viva (Cáceres)
  • Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON (Galicia)
  • Unidos em Defesa de Covas do Barroso (Trás-os-Montes)
  • Vida e Ria ou Minaria? (Galicia)

Co apoio das seguintes entidades integradas nas plataformas:

  • A Vila Carp (Badajoz)
  • Alquevaworldcarp (Badajoz)
  • Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol do Anllóns” (Galicia)
  • Asociación Antiguos alumnos del Sagrado Corazón (Badajoz)
  • Asociación Autonómica Cultural Petón do Lobo (Galicia)
  • Asociación Cultural para la Promoción y Difusión del Baile Alson (Badajoz)
  • Asociación de Fibromialgia y Fatiga Crónica de Olivenza (Badajoz)
  • Asociación Galega Cova Crea (Galicia)
  • Asociación La Raíz / A Raíz (Badajoz)
  • Asociación Los Bartolos de Valverde de Leganés (Badajoz)
  • Asociación Os Pelinhas M.T.B Olivenza (Badajoz)
  • Asociación San Jorge de Alor (Badajoz)
  • Asociación Verdegaia (Galicia)
  • Comisión contra as minas da Terra Chá (Galicia)
  • Comisión de Festejos San Jorge de Alor (Badajoz)
  • Ecoloxistas en Acción Galiza (Galicia)
  • Plataforma Ciudadana Olivenza crea conciencia (Badajoz)
  • Plataforma en Defensa da Ría de Muros-Noia PLADEMAR (Galicia)
  • Plataforma pola Defensa de Monte Neme (Galicia)
  • Plataforma STOP Uranio (Salamanca)
  • Prisiñas Club Senderista (Badajoz)
  • Sindicato Labrego Galego SLG (Galicia)
  • Sociedad La Oliventina (Badajoz)
  • Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins (Galicia)
  • Sonríe Olivenza (Badajoz).

 

Espionaxe