12 de Xuño do 2013 ·
A Rede ContraMINAcción mantivo, o 11 de xuño, un encontro de traballo con Sebastián Pinetta, presidente da asociación civil arxentina Bienaventurados los Pobres (BePe) e coordinador do proxecto “Fortalecemento das capacidades de comunidades do noroeste arxentino afectadas pola minaría a ceo aberto para a defensa dos seus territorios e medios de vida”.
2 de Xuño do 2013 ·
Máis de 10.000 persoas vidas de todos os currunchos da xeografía galega e da veciña Asturias deixaron pequena a praza da Quintana na manifestación contra a minaría salvaxe que encheu as rúas de Compostela o 2 de xuño. Agardamos que esta reacción multitudinaria contra as políticas da Xunta no que respecta a novas concesións mineiras e, nomeadamente, ao Plano Galego de Actividades Extractivas, fagan entrar en razón aos nosos gobernantes e paren a tempo o que, a toda luces, supón a entrega a unhas poucas empresas mineiras do noso territorio e dos principais sectores económicos que sosteñen ao noso medio rural. Galiza vén de dicir non ás minas; agora só falla que os e as gobernantes que din representala obedezan o mandato do pobo que lles deu a confianza nas urnas.
O Sindicato Labrego Galego critica a decisión da Xunta á hora de darlle o visto bo ao proxecto de construír unha incineradora de lixo no concello ourensán do Irixo, pois a súa realización só vai beneficiar ao capital privado e traerá graves consecuencias medioambientais na zona, o peche de explotacións agrarias e máis despoboamento.
A María Xesús Martínez, gandeira que rexenta unha explotación leiteira en Quintela (Dúas Igrexas, Forcarei), morreulle unha vaca na noite do 20 ao 21 de outubro. En canto se fixo de día, o pasado venres pola mañá, avisou ao servizo de recollida de cadáveres animais, que na Galiza está xestionado pola empresa privada Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia S.L.). O normal tería sido que esta empresa recollese o cadáver da vaca ese mesmo día, ou ao día seguinte a máis tardar; pero pasou toda a fin de semana, e a vaca seguía no mesmo lugar onde morrera. Finalmente, Gesuga retirou o cadáver pasado o mediodía do luns 24 de outubro; cando o fixo, xa fora atacado por animais preeiros. Nesta ocasión houbo sorte, pois cadrou que veu o frío esta mesma fin de semana; en caso de tempo soleado, a calor tería acelerado a descomposición do cadáver e aumentarían, considerablemente, os riscos sanitarios e para a saúde das persoas e dos animais da contorna.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou hoxe, 7 de outubro, na xuntanza da permanente do Consello Agrario Galego. Entre outros temas, debateuse o proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no sector agrario. A posición do SLG foi a de pedir a retirada deste proxecto e a prohibición expresa de poder verter lodos de depuradora na terra. As razóns para adoptar este posicionamento son varias.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, rexistraron hoxe, 3 de outubro, ante a Consellaría de Medio Rural, máis dun milleiro de sinaturas apoiando un escrito no que se lle demanda ao departamento que dirixe Samuel Juárez que asuma as súas responsabilidades e articule, dunha vez por todas, solucións aos danos que a falla de control da fauna salvaxe está a provocar en toda Galiza.
O sábado, 1 de outubro, a parroquia de Quilmas (Carnota) celebrará a terceira edición do mercado ecolóxico “Pola defensa da terra”, onde se poderán atopar todo tipo de produtos das explotacións labregas e obradoiros artesáns da zona: hortalizas e froitas de tempada, conservas, fermentados, mel, cerámica, cestería ou cosméticos naturais serán ofrecidos directamente polos homes e mulleres que os produciron, sen intermediarios, a quen asista a este evento. O mercado está organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa, e colabora, entre outras organizacións, o Sindicato Labrego Galego.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de fallar que a presenza de transxénicos sobre o pole ou o mel necesita unha autorización especifica. Polo tanto, todo mel onde aparezan restos de transxénicos -e isto acontecerá sempre que unha abella chuche o pole dunha planta transxénica1- haberá que destruílo porque non está contemplado este tipo de produto. A sentenza produciuse trala denuncia dun apicultor alemán que tivo que destruír toda a súa produción de mel por estar contaminada con pole transxénico.
O pasado 28 de xuño, a Consellaría de Medio Rural publicaba no DOG a orde para fomento de primeira forestación de terras non agrícolas, despois de non tela convocado o ano pasado. Tras unha primeira lectura, vese que a gran aposta de Medio Rural polos nosos montes consiste en convertelos ao monocultivo de coníferas (nomeadamente, piñeiros), en detrimento das árbores frondosas e autóctonas.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, ofreceron hoxe, 13 de xuño, unha rolda de prensa para denunciar o crecemento exponencial dos ataques da fauna salvaxe sobre as explotacións agrarias, que se está a transformar nun problema de “orde social e de perigo da integridade física das persoas que vivimos no rural”. Declaraba isto a secretaria xeral do SLG, que afirmou que “a fauna salvaxe está invadindo, agora mesmo, as nosas vidas”. Carme Freire sentenciou que “os ataques da fauna salvaxe están poñendo en perigo a nosa economía, necesaria para poder vivir; pero tamén poñen en perigo as nosas vidas”.
O Sindicato Labrego Galego convocará unha concentración diante da Consellería do Medio Rural, en Santiago de Compostela o 4 de marzo, se non se fan efectivos no mes de febreiro os pagos do Contrato de Explotación Sustentable (CES) correspondentes ao ano 2009, e non se resolven as novas solicitudes do ano 2010.