A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas

Terra e Estruturas

  1. Parque eólico

    O SLG inicia en Suevos (A Baña) unha campaña informativa sobre o parque eólico de Campo Pequeno

    12 de Xullo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciará esta semana unha campaña informativa en Suevos (A Baña) sobre o impacto que terá nesta parroquia o parque eólico de Campo Pequeno. Neste momento, están en exposición pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental deste proxecto enerxético. A declaración de utilidade pública implica a posibilidade de expropiación dun total de 392 parcelas afectadas.

  2. Non á forestación

    O SLG leva ao Valedor do Pobo un problema que pode deixar a Galiza sen capacidade para producir alimentos

    2 de Febreiro do 2012 · 

    A Lei de Prevención de Incendios Forestais do ano 2007 di, textualmente, que na terra de uso agrario non se poden plantar especies de uso forestal[1]. Sen embargo, non hai unha soa comarca de Galiza na que non se produza, de cotío, a violación flagrante desta lei sen que a Consellaría de Medio Rural faga nada por evitalo; e sen que dea resposta ás máis de duascentas denuncias interpostas por explotacións agrogandeiras en todo o país por este motivo, co asesoramento e apoio do Sindicato Labrego Galego.

  3. Forestación ilegal

    O SLG continúa n'A Estrada a súa campaña de denuncia contra a forestación ilegal de terras agrarias

    16 de Novembro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada por afiliados e afiliadas da comarca da Estrada, visitou hoxe, 16 de novembro, unha explotación de horta en Vilancos (parroquia de Berres, A Estrada) para denunciar, unha vez máis, a invasión de terras agrarias por plantacións forestais que se fixeron de xeito ilegal, e o impacto que estas teñen na actividade agraria. Esta denuncia se enmarca na campaña que o SLG xa levou a concellos como Cambre, O Pino, Becerreá, Castroverde e Vilalba para denunciar un problema que afecta a todas as explotacións agrogandeiras de Galiza.

  4. Denuncia de forestacións en Santaballa

    O SLG denuncia en Vilalba unha trama política e lexislativa para invadir as terras de cultivo de Galiza con plantacións forestais

    10 de Novembro do 2011 · 

    O 10 de novembro, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, viaxou até a parroquia de Santaballa, no municipio lucense de Vilalba, para dar continuidade á campaña contra as forestacións ilegais de terras agrarias que esta organización sindical está a facer por toda Galiza.

  5. Consello Forestal

    A reforma da Lei de Montes do PP é un atentado contra as explotacións agrarias e gandeiras de Galiza

    9 de Novembro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, asistiu ao Consello Forestal Galego, que se celebrou o 9 de novembro, en Compostela, baixo a presidencia do conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

  6. Forestacións ilegais

    O SLG denunciou en Castroverde plantacións forestais ilegais que “converten a Galiza en pasto para o lume”

    19 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, desprazouse, o 19 de outubro, até Castroverde para visitar varias plantacións ilegais de piñeiro e eucalipto en Arrubial, na parroquia de Páramo. As propiedades que se puideron ver pertencen, en propiedade ou en arrendamento, a Henrique López e Ignacio Arias, que comparten unha explotación leiteira e a traballan xunto coa súa familia. Ambos teñen praderías e instalacións agrarias totalmente invadidas por plantíos ilegais de piñeiro e eucalipto e sofren todas as modalidades de infracción posibles: forestación ilegal de terras agraria, plantacións que non respectan as distancias con respecto ás fincas veciñas, e mesmo árbores que se plantaron a cinco metros das naves agrícolas onde gardan maquinaria e outros apeiros.


  7. Forestación ilegal

    O Sindicato Labrego Galego leva a súa campaña contra a forestación ilegal de terras agrarias até Becerreá

    6 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada do responsable da Dirección de Vacún de Carne na mesma organización, Xosé Luís López Galán, desprazáronse hoxe, 6 de outubro, até o municipio de Becerrea para denunciar, unha vez máis, a pasividade da Consellaría de Medio Rural, que está permitindo que se viole flagrantemente en toda Galiza a lei que prohibe forestar terras agrarias[1], e as normas que regulan as distancias dos plantíos forestais con respecto ás terras de labor e aos núcleos habitados.

  8. Millo minguado

    O SLG denuncia a pasividade da Xunta á hora de impedir a invasión de terras agrarias por plantacións forestais

    19 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 19 de setembro, na parroquia de San Vicente do Pino (concello de O Pino), un acto de denuncia para chamar a atención sobre as plantacións forestais ilegais que se están a facer en toda Galiza ser respectar as distancias a que obriga a lei con respecto a fincas agrarias adxacentes, e que están a afectar gravemente ás producións agrarias e gandeiras do noso país.

  9. Entrega de alegacións en Cospeito

    Presentadas case 700 alegacións contra os proxectos mineiro de Erimsa na Terra Chá

    30 de Agosto do 2011 · 

    Despois de que a Comisión contra as Minas na Terra Chá presentase, ante o Concello de Cospeito, case 500 alegacións contra os proxectos de explotación de cuarzo de Erimsa “Alicia 5917” e “Karles 5519” (na imaxe); e tras rexistrar outras 150, o 30 de agosto, no Concello da Pastoriza en contra das explotacións “Alicia 5917” e “Pastoriza 5562”, o Sindicato Labrego Galego ten que valorar como moi boa a resposta da veciñanza. Cómpre ter en conta que o período de alegacións se abriu no peor mes do ano, agosto, por mor da ralentización da actividade administrativa nos concellos e polo aumento considerable dos traballos agrarios, o cal dificulta a presentación de alegacións por parte das explotacións agropecuarias afectadas.

  10. Non hai imaxe

    O Sindicato Labrego pide a ampliación do período de alegacións na solicitude de licencia de Erimsa en Cospeito

    9 de Agosto do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá, representado pola súa responsable local, Margarida Prieto Ledo, vén de presentar un escrito dirixido ao alcalde de Cospeito para que amplíe o prazo de alegacións á solicitude de licenza municipal que fixo a empresa Erimsa para realizar unha explotación de cuarzo no termo municipal cospeitense. En concreto, trátase da explotación “Alicia” nº 5917.

Arquivo