A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. A petición do SLG, a Reserva da Biosfera Terras do Miño estudiará a legalidade das concesións mineiras da Terra Chá

A petición do SLG, a Reserva da Biosfera Terras do Miño estudiará a legalidade das concesións mineiras da Terra Chá

29 de Xullo do 2014

Margarida Prieto coordenadora da loita contra as minas do SLG

Os órganos de participación e reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño veñen de aceptar a proposta feita polo SLG no mes de decembro do 2013 para que dita reserva lucense se persone e solicite copia dos expedentes das tres concesións de seixo da Terra Cha.

Onte (28/07/2013) reuníanse en Lugo os órganos de participación e xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño e ámbos aceptaron a proposta feita polo Sindicato Labrego Galego no pasado mes de decembro do 2013 .Nesta proposta solicitábase que se pedisen as copias dos expedentes e se personase o órgano xestor como interesados nestes expendentes, para examinalos e evaluar a posibilidade de solicitar informe sobre os impactos o Consello Científico do Comité Español do Programa MaB (Programa sobre o Home e a Biosfera da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura -Unesco-, no que se inclúen as reservas da biosfera)1.

Recordar que a Reserva da Biosfera Terras do Miño, está afectada por tres concesións mineiras das que é titular a empresa Erimsa para extraer cuarzo nos termos municipais de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Vilalba e Riotorto, afectando a 5.700 hectáreas. O SLG lembroulle os órganos rector e de participación que a Declaración de Impacto Ambiental destes proxectos non incluía un informe da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e que a propia Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras previa proposta do servizo de urbanismo denegou no ano 2012 e 2013 as licencias de actividade por incompatibilidade coas actividade agraria.

Dende o Sindicato Labrego, esperamos que a implicación da Reserva da Biosfera abra a posibilidade de pedir a nulidade das Concesións que se atopan aínda en vigor e que ameaza dende fai mais de 8 anos a actividade agraria na Terra Cha.

1http://www.unesco.org/new/es/natural-sciences/environment/ecological-sciences/man-and-biosphere-programme/

http://www.magrama.gob.es/es/parques-nacionales-oapn/reservas-biosfera/programa-mab-espana/