A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O SLG reúnese co director xeral de Desenvolvemento Rural para abordar os problemas do Banco de Terras

O SLG reúnese co director xeral de Desenvolvemento Rural para abordar os problemas do Banco de Terras

17 de Xuño do 2016

Xuntanza Sintegal Dubois

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, Xosé Ramón Cendán e Diego Sánchez Agra, mantiveron hoxe, 17 de xuño, un encontro en Compostela co director xeral Desenvolvemento Rural e responsable do Banco de Terras (Sitegal), Miguel Pérez Dubois.

A xuntanza estivo centrada en falar, precisamente, do Banco de Terras e en poñer en coñecemento de Dubois unha serie de fallos que están a provocar que o Sitegal non estea a ser a ferramenta útil para resolver un dos principais problemas da agricultura e gandaría galegas: o feito de que só o 24% do noso territorio ten uso agrícola, fronte ao 40% de países máis desenvolvidos como Francia. Isto fai que moitas das nosas explotacións teñan unha insuficiente base territorial, o que as obriga a optar por sistemas de produción máis intensivos, con maiores custes de produción e unha grande vulnerabilidade en situacións de crise como a que padece, actualmente, o sector lácteo.

Nestas circunstancias, é necesario facilitar o acceso das granxas a unha maior base territorial, especialmente por parte da xente nova, e aí é onde xoga un importante papel o Banco de Terras. Sen embargo, na actualidade, o Sintegal acumula demoras de até dous anos para resolver os expedentes e a oferta de predios é manifestamente insuficiente en comparación coas terras agrarias abandonadas que temos no país. Dende o SLG incidimos en que cómpren novas fórmulas de xestión para facilitar o acceso a parcelas en estado de abandono, bonificacións para axilizar a mobilidade dos terras, etc.

Xuntanza Sitegal Dubois