A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O SLG defenderá na Baña os intereses labregos fronte aos proxectos eólicos de grandes empresas enerxéticas

O SLG defenderá na Baña os intereses labregos fronte aos proxectos eólicos de grandes empresas enerxéticas

3 de Agosto do 2016

Parque Eólico

O SLG quere sair ao paso das declaracións efectuadas polo Sr Alcalde do Concello de A Baña no último Pleno municipal. Ao abordar a cuestión da instalación de parque eólicos no Concello de A Baña, por parte do Sr. Alcalde manifestouse que o Sindicato Labrego ten un completo descoñecemento do asunto, e que o que busca é envenenar en lugar de atopar solucións. Desde o Sindicato Labrego Galego o que temos que manifestar frente ás ditas declaracións é o seguinte:

 

  • A actuación do Goberno municipal non se ten caracterizado, en relación a este asunto, precisamente pola trasparencia e a información á veciñanza. O Sindicato Labrego, en relación á problemática aludida, ten informado máis aos veciñ@s que institución pública municipal.
  • Desde o noso punto de vista, e entrando no fondo do asunto, entendemos que debe primar o interese da viciñanza, e particularmente dos labreg@s, peza fundamental da economía deste Concello, sobre os beneficios das multinacionais ou grandes empresas. Os recursos deben revertir no beneficio dos poboadores/as do territorio, non daqueloutras corporacións.
  • Debe, desde as institucións, buscarse un punto de equilibrio. Non é de recibo que a competencia que a actividade eólica está a facerlle ás actividades agropecuarias vaia sempre en detrimento destas e conte coa complicidade das institucións.
  • O Goberno Municipal do Partido Popular está, na prática, exercitando presión para que por parte dos veciñ@s ceda a oposición aos proxectos eólicos dos que estamos a falar.