A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Soberanía Alimentaria>
  4. Rede de Sementes, COAG e SLG reclaman o dereito de labregos e labregas a vender e intercambiar sementes

Rede de Sementes, COAG e SLG reclaman o dereito de labregos e labregas a vender e intercambiar sementes

5 de Febreiro do 2016

Sementes

Expertos e expertas de diferentes nacionalidades e ámbitos déronse cita en Madrid, este febreiro, no seminario organizado por COAG e a Rede de Sementes para debater sobre políticas públicas de xestión dos recursos fitoxenéticos para a alimentación e a agricultura. No encontro participaron representantes dos ministerios de Agricultura e Industria, do Consello Superior de Investigacións Científicas, de microempresas de sementes de variedades locais, de ONGs, de asociacións ligadas ao movemento de Soberanía Alimentaria, de organizacións ecoloxistas e de redes de sementes de todo o Estado, así como expertos e expertas de prestixio internacional e representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

O Seminario cubriu plenamente as súas expectativas de informar a persoas clave sobre a situación das políticas públicas con respecto ao tema obxecto de debate; de crear un espazo de encontro entre expertos e expertas de medios de comunicación, universidades, organizacións sociais, partidos políticos e cargos públicos; e propiciar avances normativos e políticos no Estado Español.

Diante dos e das máis de 70 participantes, as entidades organizadoras aproveitaron para subliñar o seu rexeitamento proxecto de Real Decreto para o regulamento do Programa de Conservación e Utilización Sostible dos Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación presentado polo Ministerio de Agricultura en xullo. Ademais, dende a Rede de Sementes, COAG e o Sindicato Labrego Galego, esiximos ao Ministerio:

  • O respecto do dereito dos labregos e das labregas a utilizar, intercambiar e vender as súas propias sementes. Os labregos e as labregas que fan venda directa de sementes como complemento da súa actividade deben estar exentos e exentas das mesmas esixencias que o resto de operadores.
  • As microempresas artesanais que producen e comercializan sementes de variedades locais necesitan regras adaptadas á súa actividade, completamente diferente da que realizan as grandes empresas de sementes de producións deslocalizadas e distribución quilométrica.
  • Son necesarias regras adaptadas para o rexistro das variedades destinadas a agricultura ecolóxica e para a agricultura a pequena escala.
  • Os labregos e labregas, e os consumidores e consumidoras, deben ter a posibilidade de elixir os alimentos que consomen e as plantas que cultivan. Demandamos transparencia nos métodos de selección utilizados para xerar as variedades e a propiedade intelectual que xestiona o seu uso. Esta información debe constar obrigatoriamente na etiquetaxe.

Xuntanza sementes COAG