O vindeiro domingo 12 de decembro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro".
A Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) organiza hoxe, 29 de outubro, un interesante foro sobre pequenas explotacións baixo o nome “A granxa na cidade (Ferme en ville)”, en Bruxelas. Deste xeito, e durante a que promete se unha intensa xornada, a bruxelense praza de Luxemburgo converterase hoxe nun punto de encontro onde haberá un mercado de alimentos labregos, espazos para o debate e a libre expresión de ideas, proxección de vídeos, exposición de fotos e mesmo un concurso no que se degustarán a cegas alimentos producidos de xeito labrego fronte a outros de procedencia industrial.
O IX Foro por un Mundo Rural Vivo arrincou, o venres 24 de outubro, cunha xornada inaugural na que un crisol de procedencias e culturas enraizadas no rural anticiparon a riqueza e diversidade que impregnou cada acto deste evento que se había desenvolver, durante tres días, no Seminario de Mondoñedo.
Durante os días 24, 25 e 26 de outubro de 2014, a cidade de Mondoñedo (Lugo) acollerá o IX Foro por un Mundo Rural Vivo baixo o lema “Bens comúns, loitas e resistencias para a defensa dos nosos territorios. Alicerzando a proposta labrega coa mocidade nas nosas agras”. Convocado pola Plataforma Rural, nesta ocasión o Sindicato Labrego Galego oficiará como organización anfitrioa e coorganizadora do evento. Precisamente, foron o presidente da Plataforma Rural, Jerónimo Aguado, e a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, quen se encargaron de presentar o evento, o 23 de outubro, nunha rolda de prensa realizada na Cova da Terra (Lugo).
Durante os días 24, 25 e 26 de outubro de 2014, a cidade de Mondoñedo (Lugo) acollerá o IX Foro por un Mundo Rural Vivo baixo o lema “Bens comúns, loitas e resistencias para a defensa dos nosos territorios. Alicerzando a proposta labrega coa mocidade nas nosas agras”. Convocado pola Plataforma Rural, nesta ocasión o Sindicato Labrego Galego oficiará como organización anfitrioa e coorganizadora do evento.
A Universidade de Santiago de Compostela vén de editar o nº 0 da Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo. Unha das reportaxes do primeiro número desta publicación é "Cooperativa Ribeira do Navia: soberanía alimentaria como ética de vida", escrita pola xornalista Vera Cruz Montoto. Un interesante texto que nos achega unha experiencia fondamente enraizada no modelo agrícola que defendemos o Sindicato Labrego Galego e a Vía Campesina.Podes descargar o pdf na icona que hai no remate desta páxina.
Xa van dous anos de andaina e o Mercado do Alimento Labrego de Teo, que se celebra tódolos sábados nos Tilos, está consolidado como a alternativa ao comercio convencional de grandes superficies e produtos estandarizados e fabrís na área de Compostela. Relación directa baseada na confianza entres os labregos e labregas e as persoas que mercan os alimentos frescos e de tempada, apoio ás economías locais e desenvolvidas no medio rural, consumo de combustibles fósiles e impacto no quecemento global mínimo, etc. Dous anos construíndo soberanía alimentaria dende Teo para o mundo. De seguido, publicamos o programa da festa que os labregos e labregas de Teo compartiron con nós: